9/1/09

Libros: agasallos no tempo do nadal

Hai uns días Sarinsky nos informaba dos seus agallos en ARTECHACHI. Os que eu podo confesar, sen indicar a súa procedencia (grazas a todos e a todas) son os seguintes:

Diccionario visual de términos arquitectónicos, coordinado por Lorenzo de la Plaza.

Fermoso, claro, conciso. Fotografías, ilustracións, recreazóns, etimoloxías. Dicionario moi completo (outro máis para a colección).
Aprenderei algún día a diferenza entre columna salomónica e columna helicoidal?


Alfred Weidinger. Klimt. Electa.

Tempo atrás
INICIARTE xa dera conta da edición deste volume. Foi toda unha sorpresa que chegara ás miñas mans por unha nova relación. Un libro espectacular, sen máis, espectacular. Texto completo. Coidadas ilustracións. Toda unha delicia. Case seis quilos. Para movelo trae bolsa.



Philp Jodidio. 100 Contemporary architects. Taschen.

Un repaso a cen dos máis recoñecidos arquitectos mundiais da actualidade. De todos os continentes, de todas as nacionalidades (jé, jé) Ilustracións significativas,esmerada selección de obras. Para recrear a vista durante moito tempo. Oito quilos de cultura.


El Croquis, nº 139. Sanaa, Kazuyo Sejima, Ryue Nishizawa. 2004-2008.
Arquitectura actual xaponesa. Pureza de liñas, volumes contendentes, ideas claras, integración na paisaxe, beleza formal, da recta á curva. Toda unha lección de arquitectura.

Antón Patiño. Urbano Lugrís. Viaje al corazón del océano. Nigra Trea.

A gran sorpresa. Un magnífico pintor escribindo sobre un artista extraordinario. Sorpresa polas persoas que tiñeron a idea de ben regalarmo (grazas M. e A.), sorpresa polo contido (outro libro máis sobre Lugrís? non, un magnífico libro sobre Lugrís) sorpresa pola capacidade recreativa e descoñecida do autor.


Non está nada mal a colleita, eh?
Merecerei tanto cariño?
Non estou seguro.

7 comentarios:

Fet dijo...

¿Seis y ocho kilos? Curiosa manera de etiquetar libros.
Cualquiera diría que son un plomo.
Es groma poma.

Antonio Martínez dijo...

Es que pesan mucho, de verdad FET.

Sarinsky dijo...

Que pasada de regalos!! A mi los que más me gustan son: el de Klimt y el de los 100 arquitectos contemporáneos.
Espero que los aproveches bien a mi salud jeje

Besos

Antonio Martínez dijo...

Estou neso, Sara. Pero tamén ando lendo as novelas recibidas. Non teño tempo para máis. Só de pensar o que teño por ler...

Nes dijo...

Pero hai diferenza entre columna salomónica e columna helicoidal? que verde estou heheh

Antonio Martínez dijo...

Nes:
para algúns si hai diferenza, para outro non.
Neste libro definen salomónica coa palabra helicoidal.
pero seguirei investigando...

Sarinsky dijo...

Estoy segura de que al final conseguirás distinguirlas, y cuando lo sepas, ya que estás me lo explicas a mi también jaja