6/1/09

Fotografía: Premios UNICEF 2008

Como en anos anteriores a mediados do decembro pasado UNICEF ven de facer público os seus premios fotográficos do 2008. Nun día tan especial para milleiros de nenos e nenas, non está de máis que hoxe, 6 de xaneiro, nos lembremos doutras persoas menos afortunadas.



Alice Smeets
A nova fotógrafa belga conseguiu o primeiro premio cunha imaxe tomada en Haití. Non só está fermosamente construída (boa cor, composición, unha figura humana en primeiro termo...) senón que o contido é en grao sumo impactante: unha ringleira de chabolas alíñase sobre un inmenso charco no que olisquean dous porcos. Para que a foto acabe de ser perfecta, a nena fai un xesto que pode ser visto como unha luz de esperanza e optimismo. Un xesto que só un rostro limpo e infantil pode ofrecer.



Oded Balilty
O fotógrafo israelí vólvenos a visitar con outro espléndido traballo, gañando de segundo premio. Na fotografía, un grupo de afectados polo terremoto de China, o pasado mes de maio, alíñase cun prato debaixo do brazo. A lectura da foto leva ao rostro triste e adormecido dunha rapaza que se frega un ollo. Fotografía magníficamente composta, coas figuras de primeiro plano cortadas, para incidir no rostro da nena e un eixo cruzando en horizontal de punta a punta.



Balazs Gard
Un fotógrafo cuxo traballo distribúe a selecta axencia VII gañou o terceiro premio. Nun pictoralismo de branco e negro, un home sostén en brazos a unha nena, tras un ataque aéreo estadounidense. 'A verdade é a primeira vítima da guerra', seguro?.

Textos sobre as fotos: Ángel Casaña, redactor xefe de fotografía de El Mundo.

2 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

Mmmmm...., seique imos facernos a competencia?
Está ben, cambio a entrada do vindeiro mércores!!!
Esta gustoume moito.

Antonio Martínez dijo...

Xa sabes que en INICIARTE houbo sempre algo de publicidade e de fotografías (tal vez porque poden ser manifestacións artísticas?) Pero non tes que cambiar nada, por favor. Que eu saiba debo ser o quinto blog que recolle estas fotos...