11/1/09

E os domingos Bruce Springsteen: Hungry heart

Outra das cancións de maior éxito do dobre álbum The River foi Hungry heart.



En directo en Las Vegas:


En directo en Toronto




Springsteen edita este mes un disco que alude aos cambios políticos de Estados Unidos

"O 2009 será o ano no que verá a luz o disco que máis ganas tivo Bruce Springsteen de editar nos últimos anos. No mesmo mes no que Barack Obama tomará posesión do seu cargo, porase á venda Working On a Dream, un álbum que a recado pasará á historia como parte da banda sonora dese momento. Non en balde, Working On A Dream (a canción), foi presentada en público por Springsteen nun mitin da campaña de Obama. E, a pesar de que a súa letra fala dunha parella que supera as adversidades, faise inevitable tomala como unha cantilena do edulcorado mensaxe demócrata.
No plano musical, continúa pola vea pop que tan bos resultados deulle no notable Magic. Gravado coa E Street Band nos estudos Southern Tracks de Atlanta, os outros dous singles de adianto invitan á alegría. Como ocorría en Magic, familiaridad e efectividade danse a man. My Lucky Day opta polo lado arrebatador con tormenta de saxos incluída e Life Itself polo medio tempo de enredador resultado. O resto da xogada poderase degustar o 27 de xaneiro."
Texto vía La Voz de Galicia.

2 comentarios:

Sarinsky dijo...

Curiosas entradas las de los domingos jeje

P.D: para mi, el mejor profesor seguirás siendo TU, Toño!!!! (de echo nadie puede ni tan siquiera igualarte)

besos!

Antonio Martínez dijo...

Prefiro non comentar nada, só... grazas.