8/1/09

Bruno Zevi: "Os contrastes dimensionais e a continuidade espacial do Gótico

Hoxe iniciamos o segundo trimestre do curso coa arte gótica. Sabedes que un dos clásicos nas aulas ao principiar cada tema é Bruno Zevi. Esta é a súa visión espacial sobre a arquitectura gótica.


“Os contrastes dimensionais e a continuidade espacial do gótico”

"Entre os equívocos máis difundidos está aquel segundo o cal, o gótico sería sinxelamente unha derivación do románico; é máis, constituiría a súa completa madurez, o punto de chegada que quixo alcanzar o arquitecto do século XII. O equívoco baséase na confusión entre progreso técnico e suposto progreso artístico. E, o que é moito peor críticamente, na indiferenza polo espazo interno e pola escala dos edificios.

Desde o punto de vista construtivo, é indubidable que o gótico continúa, profunda e conclúe a investigación románica. (…) O sistema de esqueleto perfecciónase en gran xeito no período gótico, a técnica dos arcos oxivais reducen empurros laterais; arcobotantes e contrafortes chegan a ser brazos musculosos capaces por se sos de contraporse aos empurrres.

(…) Pero se esta foi unha aspiración orixinal da arquitectura gótica, existe un tema espacial moito máis relevante que a distingue da cultura románica: o contraste das forzas dimensionais. Por primeira vez no curso da historia das igrexas cristiás, e efectivamente por primeira vez na historia da arquitectura, os artistas conciben espazos que están en antítese polémica coa escala humana e que enxendran no que mira, non unha contemplación sosegada, senón un estado de ánimo de desequilibrio, de afectos e solicitaciones contraditorias, de loita.

(…) Pero hai aínda outro significado da “escala” que xa non incumbe ás relacións entre edificio e home, senón ás proporcións do edificio entre si respecto ao home. Toda a arquitectura occidental ata o románico expresou estas proporcións de dous xeitos: 1.- por medio do equilibrio das directrices visuais, ou 2.- polo predominio dunha directriz. O perfecto equilibrio atópase nos templos gregos e nos edificios de esquema central da cristiandade. O predominio dunha directriz atopámolo nos templos exipcios de Karnak ou de Luxor (directriz vertical), ou ben na basílica bizantina (directriz horizontal). No gótico, pola contra, coexisten e contrastan nunha silenciosa, pero aguda, antítese dúas directrices: a vertical e a horizontal. O ollo está atraído por dúas indicacións opostas, por dúas rarificaciones espaciais, por dous temas. A historia espacial das catedrais góticas en toda Europa, as diferenciacións entre as escolas nacionais e rexionais, a fisionomía individual dos distintos monumentos, están baseadas substancialmente na distinta forza e evidencia deste contrate dimensional. Trátase da relación entre o rectángulo de corte e o rectángulo de planta e, só en segundo lugar, da relación entre estes dous rectángulos e o home."


Bruno Zevi. Saber ver la arquitectura. Barcelona, Apóstrofe, 1998, pp. 75-78

Foto: Interior da catedral de León vía EL cuaderno de Tharasia.

2 comentarios:

Duncan de Gross dijo...

Bruno Zevi es una buena referencia, casi imprescindible para mi durante la carrera, me gusta leer el galego, estudié 4 años de portugués, estudios que pienso retomar este mismo año, y compartis algunas palabras, otras no, asíq eu no me cuesta nada leerte, comprenderte y seguirte, bonita lengua la galega. Un saludete!!.

P.D. Un suplico, un ruego, ¿Podrías quitar la verificación de palabra?, es un tostón, Muchas Gracias!!

Antonio Martínez dijo...

Duncan:
por supuesto que retiro la verificación. La había pusto porque me estuvo entrado mucho spam.
Me alegro que disfrutes con la lectura del gallego. Un saludo