15/12/08

Vivenda unifamiliar en santa Cristina de Cobres (I)

Hoxe 15 de decembro, a Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) fai entrega dos seus Premios GranDeArea. Un dos premiados é o arquitecto coruñés Alfonso Fernández Bernárdez, xa premiado pola Fundación Juana de Vega.

Os premios GranDeArea de aportación á Arquitectura, son convocados pola delegación de Vigo do COAG, e "supoñen un recoñecemento aos PROMOTORES e ARQUITECTOS polo seu labor necesariamente conxunto para obter, máis aló dun produto, unha expresión arquitectónica do feito cultural actual".

Iniciarte, principia hoxe a aventura de ver medrar un proxecto. Desde o deseño ata a edificación. Co permiso do arquitecto (grazas Alfonso) seguiremos os pasos a esta vivenda unifamiliar en Santa Cristina de Cobres, no concello pontevedrés de Vilaboa. De cando en cando e cunha certa periodicidade iremos apreciando os progresos volumétricos desta edificación. Iremos constatando que a solución dada a unha parcela con numerosas dificultades arquitectónicas (orientación, inclinación) é realmente axeitada.

En palabras do arquitecto:
"Exponse unha disposición longitudinal Norte-Sur intentando aproveitar as ganacias solares do oeste, favorecer as vistas á ría ao este e ao eixo principal da parcela. A pastilla principal que apoia só as cabezas no terreo, dá acubillo aos espazos comúns, tanto interiores como exteriores. O volume transversal aloxa os dormitorios, adaptándose aos niveis do terreo; sobre a pastilla o dormitorio principal, abaixo os dormitorios de invitados e na mesma cota a entrada. No nivel inferior sitúase o garaxe. A piscina, transversal e estreita, divide a parcela diferenciando zona edificada e vexetal. É abrazada pola cuberta da pastilla principal e a ela vincúlanse a praia descuberta e a cuberta, que á súa vez é terraza do estar. Lonxitudinalmente se secuencian na mesma cota, piscina, praia cuberta, estar, comedor e estudo, cociña e lavadera-secadeiro-leñeira. A fachada ventilada trátase a base de táboas horizontais de lousa e monocapa".

Obras premiadas.


Ilustracións: Alfonso Fernández.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

A mi gústanme moito as casas e de feito chámanme moito a atención, e ata as veces parezo indiscreta porque me encanta ver unha casa ben orientada. Así que vou seguir con atención a evolución desta que en planos parece ter moi boa pinta. Só boto en falta un xardín que as veces os arquitectos o esquecen e no deixa de ser unha prolongación fundamental dunha vivenda... pero como sempre é o último case ninguén chega. ¿Poderías preguntarlle, ó arquitecto, si está previsto este outro espazo fundamental dunha vivenda?.

alfonso dijo...

De una manera rápida te cuento: en la parcela contemplamos zona de árboles, cultivo y jardín. De hecho intentaremos trabajar con un paisajista cuando la obra esté mas avanzada y si el presupuesto nos lo permite.

De una forma más extensa te expongo una explicación un poco más técnica:
Cualquier obra de arquitectura está irremediablemente vinculada a su entorno. Urbano o rural, el emplazamiento da las pautas para la intervención, bien sea para adaptarse, para completarlo, para integrarse o por el contrario para separarse, fragmentarlo, negarlo...
Una vivienda unifamiliar aislada, como es este caso, nace de la opción voluntaria de una forma de vivir que conlleva una estrecha relación con una parte del territorio, con la parcela en que se encuentra.
A la forma de vida, situación y construcción, es decir al programa, parcela y obra se le da una respuesta unitaria que conocemos como proyecto.
Un buen proyecto debe establecer un diálogo constante con su parcela. En este caso un importante desnivel de casi seis metros, un subsuelo de roca a un metro de profundidad y una mala orientación de las vistas sobre la ría, da algunas de las directrices para elaborar el proyecto.
Se opta por no alterar el terreno mas de lo necesario, por eso una gran parte está a dos metros de altura, pudiéndose pasar por debajo, manteniendo su pendiente natural. Las tradicionales bancadas que permiten el aprovechamiento de terrenos en ladera, se utilizan solamente para permitir la circulación y únicamente el acceso al garaje y la piscina, que se convierte en un volumen exento, alteran el perfil, usándose esta última como muro de contención para generar una zona llana en la que se ubicarán árboles y cultivos, aprovechado la orientación sureste.

Antonio Martínez dijo...

Que pregunta, e que resposta.
Grazas aos dous por participar.

Anónimo dijo...

Bueno a resposta gústame así así, e vou tratar de explicar porque.
Está claro que se pretende respectar o entorno pero non concivo que se poida facer un proxecto sen ter claro que resultado terá ese entorno, os paisaxístas no final da obra non son unha boa recomendación (os accesos, os camiños, os sevizos da casa están en íntima relación co propio proxecto) deberiase traballar conxuntamente dende un principio xa que un mal estudiado entorno-xardín pode acabar cun deseño fantástico de arquitectura e tamén o contrario, é dicir que son dúas realidades que deberían ir unidas aínda que xa sei que este aspecto do paisaxismo é prescindible porque cando se chega ó final case nunca hai cartos.
Moitas grazas Alfonso pola túa resposta, vexo que estás concienciado.

alfonso dijo...

Como explicaba está definida por la posición de la piscina la zonificación del terreno y sus distintos usos, así como la forma de acceso y circulación. Se puede leer en el proyecto la posición de las escaleras exteriores, la ubicación de la entrada, el desarrollo y extensión de las terrazas, la interrelación de zonas cubiertas y abiertas…, es decir los puntos de transito naturaleza-construcción.
La elección del tipo de cultivo, de la variedad de arbusto y del tipo de hoja que deben tener los árboles se me escapa, por eso intentaremos contar con el asesoramiento de un técnico que siguiendo nuestras directrices concrete, de la infinidad de variedades, cuales se adaptan a nuestra idea. Normalmente prefieren trabajar sobre el terreno con volúmenes y edificación ya visibles.
De la misma forma espero poder discutir con un técnico el proyecto de iluminación, escuchar las objeciones del fontanero y decidir con el antenista donde se recibe la mejor señal.
Un último matiz, la concienciación es parte de la formación del arquitecto, de otra forma no podría fundamentar su trabajo. En este caso soy yo el que intentaré concienciaros de la misma forma que hago con mis clientes.