11/12/08

A escultura na catedral de Santiago: A Fachada de Praterías (I)


A xeito de introdución hai que dicir que os especialistas están de acordo en sinalar que existiu un único e global proxecto iconográfico para as tres fachadas da catedral. Mais a súa interpretación é moi complicada xa que a portada norte ou do Paraíso desapareceu, a sur ou de Praterías está moi alterada e a occidental parece ser que nunca chegou a construírse.


En resume podemos afirmar, seguindo a López Ferreiro (1878), que en conxunto significarían o Dogma Trinitario, xa que a do Paraíso representaría a obra creador do Pai, a de Praterías sería a acción redentora do Fillo e a principal aludiría acción do Espírito Santo pola Transfiguración de Cristo. Mais para Otero Túñez (1965) o programa iconográfico das tres fachadas representaría a historia da humanidade: da creación, pecado e promesa de redención encargaríase á fachada norte, a presentación de Cristo como luz do mundo encargaríase a fachada sur, e a glorificación de Xesús pola súa transfiguración estaría representada na fachada occidental.

Esta fachada é das máis senlleiras obras do románico de peregrinación. Ademais é a única románica da catedral de Santiago. Debeuse rematar en torno a 1.103, baixo o reinado de Afonso VI.

Arquitectonicamente está composta por unha dobre porta con arquivoltas de medio punto que apoian en columnas de mármore ou granito, un friso que unifica iconograficamente o conxunto pero que padeceu a incorporación de pezas procedentes de diversos lugares da catedral, un pequeno tornachuvias que separa o segundo andar composto por tres grandes xanelas (unha delas alterada pola fachada do Claustro do século XVI) con arquivolta de medio punto e arquiños pentalobulados. Remátase, o conxunto, por unha balaustrada. Esta dobre porta é necesaria debido á anchura do cruceiro á que da acceso.

Escultoricamente podemos distinguir tres grandes partes: os dous tímpanos, lidos de dereita a esquerda, e o parteluz co friso.

Fotos: Iniciarte.
Bibliografía:
José Manuel García Iglesias.”La Edad Media”. En Historia del Arte Gallego. 1982, Alambra.
Dolores Vila Jato. Catedral de Santiago de Compostela. 2000, Everest

9 comentarios:

Sarinsky dijo...

Siempre que voy a dar un paseo intento pasar por delante de esta fantástica fachada, ya que para mi es de lo mejor de la catedral...nada como lo ROMÁNICO...

Fantástico post!!

Besos

Antonio Martínez dijo...

Pois prepárate, verás varias entradas sobre Praterías nos próximos días.

Luis dijo...

muchas veces tengo ke pasar por delante y la verdad es que me parece bastante fea.

Antonio Martínez dijo...

Luís, pois que mal profesor tiven que ser se non fun quen de explicarte a importancia desta fachada. Déixasme doente.

Sarinsky dijo...

Recordemos que a Luis nunca le gustó lo románico...y tampoco es tan grave que no le guste, a mi realmente me espanta la fachada del obradoiro. Si la hubieran dejado románica...JO!!

Antonio Martínez dijo...

Está ben, Sará, acepto facchada románica como fachada fermosaaaaa

Luis dijo...

Que mal alumno habría sido yo si, en vez de pensar por mi propia cuenta, hubiese tomado las opiniones del profesor como dogmas irrompibles.

Antonio Martínez dijo...

Pero Luís sempre tes que ter a razón, ou que?

Luis dijo...

No, para nada. Simplemente es mi opinión. No voy a decir que es bonita si a mi no me lo parece.

Conozco su importancia, y la conozco gracias a ti, pero hasta ahí llega tu trabajo como profesor, el hecho de que me parezca bonita o fea sólo depende de mi. No me puedes culpar porque me parezca fea, y por supuesto no te puedes culpar a ti mismo.

Nunca dije que yo tenga razón, maldita sea, ¡estamos hablando de gustos, no de razones!