10/11/08

Cuarto aniversario de A Nosa Bilioteca

O día 9 de novembro de 2004 iniciuose en Galicia o movemento imparable dos blogs con contido educativo. Nese día naceu A Nosa Biblioteca. INICIARTE, como fillo agradecido ao blogmáster de A Nosa Biblioteca quere reproducir a entrada que varios blogs de bibliotecas escolares lle dedicaron para celebrar ese aniversario.

FELICIDADES ANB!!!

Hoxe ANB, (que ben lle queda ese nome, non si? Acaso non é A Nosa Biblioteca, a Biblioteca Virtual de todos e todas nós?) o noso blogue de referencia, o noso PROFE, MESTRE, MAGO, AMIGO... e moitísimo máis cumple catro anos na blogosfera.

Chegado este día non podemos deixalo pasar sen agradecerlle a ANTONIO ALONSO, e non só nós, senón TODAS AS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS, a esas máns que nos levan pola Web 2.0 e máis aló, por ternos sacado ao exterior, porque grazas á súa xenerosidade sen límites, á súa paciencia e ao seu bo facer, hoxe, 9 de novembro de 2008, OS BLOGUES DAS BIBES GALEGAS son xa un referente.

FELICIDADES E QUE SEXAN MOITOS MÁIS!!!
Tamén en:
O Segrel do Penedo, Biblioafonso.

2 comentarios:

Sarinsky dijo...

Ya ya...contenido educativo...pero que bien os lo pasais!!
Pues nada, que todo siga como hasta ahora!! A seguir disfrutando de la "cultura".

Antonio Martínez dijo...

É que INICIARTE naceu da man de Antonio Alonso, el que me resolve os problemas técnicos e el o meu guia espiritual, material e culinario