17/10/08

Arquitectura romana (II): nova filosofía construtiva


Cronoloxicamente, os romanos desenvolveron os seus sistemas construtivos entre o século II a.C. e os inicios do século IV d.C. Neste período de tempo, crearon case todo o repertorio construtivo que se mantivo ata a irrupción dos novos materiais no século XIX como é o caso do cemento portland e o aceiro. A continuación desenvolveremos de forma detallada a cadea de diversos factores que favoreceron a aparición desta nova filosofía construtivas:


As Necesidades Políticas.
Os romanos, a diferenza dos gregos, estiveron organizados politicamente como un estado totalitario e iso obrigounos a crear unha maquinaria organizativa e de control burocrático moi complexa, forzados pola necesidade de atender as demandas da administración das súas posesións territoriais. Este funcionamento a nivel estatal obrigou a establecer unha organización complexa do territorio que propiciou á súa vez a existencia de cidades de grandes dimensións -Roma chegou a ter máis dun millón de habitantes- esparexidas ao longo da totalidade do mundo coñecido que actuaban como núcleos administrativos. Á súa vez, estas cidades precisaban un gran número de infraestructuras, comúns para todas elas, pola posta en práctica do concepto de Romanización que os levou a difundir por todos os territorios conquistados a súa forma de vida e goberno. En primeiro lugar, debían crear as tipoloxías necesarias para administrar os territorios dominados: vías -en tempos do emperador Caracalla sumaban máis de 30.000 km.-, pontes, campamentos militares, almacéns, portos, etc. e, doutra banda, facer fronte ás infraestruturas de carácter cívico talles como circos, acueductos, cloacas, templos, termas, etc., que permitisen o goberno e o esparexemento destes núcleos de poboación, en moitas ocasións dirixidos baixo a fórmula do “pan e circo”.

3 comentarios:

saaritaa dijo...

¿Como es que nadie comenta estas entradas? El arte del mundo clásico es extraordinario. (aunque en mi opinión gana Grecia) Un gran post!! Me encanta el coliseo!!

Besos!! (tal vez nos veamos dentro de poco)

Luis Gómez Casás dijo...

Pues yo tengo a la Grecia clásica asqueada. Supongo que mi carrera tiene la culpa de ello.

Antonio Martínez dijo...

Ola Sara... é que o alumnado deste curso aínda está calentando os moteres...

Non me estraña, Luis, a universidade é moita universidade.
Saúdos para ois dous.