24/9/08

Textos: Grecia (II)

"O templo grego caracterízase por un defecto moi importante e por unha supremacía indiscutible a través de toda a historia. O defecto consiste na ignorancia do espazo interno; a gloria na escala humana (…) Quen investigue arquitectonicamente o templo grego, buscando en primeiro lugar unha concepción espacial terá fuxir horrorizado sinalándoo ameazadoramente como típico exemplar de non-arquitectura. Pero quen se achegue ó Partenón e o contemple como unha gran escultura, ficará impresionado (…)

O espazo interno do templo grego non foi nunca pensado creadoramente porque non respondía a funcións e intereses sociais: mais ben era un espazo sinxela e literalmente pechado, o espazo interior así pechado é, xustamente, característico da escultura. O templo grego non estaba concibido coma casa dos fieis, senón como a morada impenetrable dos deuses. Os ritos desenvolvíanse no exterior, no contorno dos templos e toda a atención e o amor dos escultores-arquitectos foron dedicados ó embelecemento do exterior. (…) A historia da arquitectura das acrópoles é esencialmente unha historia urbanística, onde trunfa pola humanidade das súas dimensións e proporcións.. .

(…) no templo grego as persoas camiñan tan só no peristilo".

Bruno Zevi. Saber ver la arquitectura.

2 comentarios:

Xurxo dijo...

Se é que existe unha definición atemporal de beleza, fora de modas e terorías artísticas, penso que no Partenón está a resposta.
Fermoso post e femosa arqui-escultura.

saaritaa dijo...

Que recuerdos me trae esta "divinidad". Mi primer comentario (¿demasiado corto, verdad Toño?) de Historia del Arte fue sobre este maravilloso templo.