23/9/08

Textos: Grecia (I)

Co principio do novo curso, INICIARTE comeza unha nova sección: textos ou documentos sobre o momento histórico-artístico que estamos a estudar na aula.

CONCEPTO DA MEDIDA NA ARTE GREGA
“ O pracer non é o primeiro nin o segundo dos bens, senón que o primeiro dos bens consiste na mesura, no xusto medio, no convinte e en todas as demais cualidades análogas a esas, que debemos considerar como dotadas dunha natureza inmutable.
PROTARCO: Así parece, polo que acabamos de dicir.
SÓCRATES: Que o segundo dos bens é a proporción, o fermoso, o perfecto, o que é por se mesmo suficiente, e todo o que pertence a este xénero.”

Platón. Diálogos polémicos. Filebo.



A PROPORCIÓN COMO FUNDAMENTO DA BELEZA
“A beleza non pode ser concibida sen a proporción, que é o seu fundamento. Pero como as partes do corpo humano, individualmente consideradas, poden ter unha forma fermosa, sen que o conxunto da figura teña unha boa proporción, disto resulta que se poden facer observacións particulares sobre a proporción de cada parte considerada separadamente, facendo abstracción da esencia intelectual da beleza.”

Winckelmann, J.J.: Historia del Arte en la Antigüedad.

2 comentarios:

saaritaa dijo...

Sócrates, Platón...seguramente que los tendré que estudiar en alguna ocasión...ufff (que bajón)

Antonio Martínez dijo...

Non hai filósofo co que non podas.