13/9/08

Nova Galega de Danza: Tradiccion

Aplausos, aplausos, aplausos. Minutos de aplauso puxeron o remate á presentación de Tradiccion, o terceiro espectáculo de Nova Galega de Danza. O a ateigado de público Teatro Rosalía Castro deu as súa aprobación entusiasta a esta compañía de danza e música, de fonda raigame coruñesa.

O seu anterior espectáculo, Alento, xa fora moi alabado pola crítica, tanto galega como estatal, sende merecedor de varios premios.

Para os que non sabemos amar a danza (o descoñecemento fíxome sempre amosar un desinterese por este xeito de expresión artística) foi toda unha sorpresa. Os sete espléndidos bailaríns, con formación clásica, foron quen de presentar un traballo no que, partindo do baile tradicional galego, amosaron os novos vieiros da danza contemporánea, bailando ao carón dunha música que, tamén tendo unha base tradicional, fíxonos emocionar cos seus aires de jazz e blues.

A dirección artística é de Jaime Pablo Díaz e de Vicente Colomer, mentres que a dirección musical é de Pedro Lamas.

Un magnífico espectáculo que todas as persoas descoñecedoras da danza contemporánea deberían ver.

Aplausos, aplausos, aplausos.

3 comentarios:

saaritaa dijo...

Siempre me ha gustado mucho la DANZA, ha formado una gran parte de mi durante muchos años, y me pesa haberlo dejado.
Y creo que es un buen ejemplo de expresión corporal y artística.

Saludos

Anónimo dijo...

Tradicción es el tercer espectáculo de Nova Galega de Danza

Antonio Martínez dijo...

Corrixido queda. Terceiro espectáculo.