19/9/08

As pinturas de Altamira

Sempre que pensamos na arte da prehistoria a primeira imaxe que non vén á cabeza son os bisontes de Cova de Altamira (Santillana del Mar, Cantabria). De feito a súa importancia é tal que xunto coa cova francesa de Lascaux, están consideradas como a “Capela Sixtina da Arte Cuaternaria”.

A anécdota do descubrimento da cova está mil veces reproducida, mais a nós tan só nos interesa saber que foron descubertas casualmente en 1868 e que cando foi comunicado o seu achádego pensouse que eran un fraude polo seu excelente grao de conservación.

As pinturas teñen entre os 12.000 e os 14.000 anos de antigüidade, sendo, xa que logo, do Magdaleniense. A cova ten uns 270 metros de lonxitude, tería unha entrada, antes do derrubamento que a pechou, de vinte metros de longo por uns seis de ancho e unha gran sala duns douscentos metros cadrados que sería o lugar de habitación. No seu interior atópase unha gran sala decorada por pinturas de cores ocres, marróns, amarelos e negros nas que son representados bisontes ademais de cabalos, cervos porcos bravos, mamuts e renos así como algunhas figuras antropomorfas e diversos símbolos. Ás veces estas figuras conforman conxuntos e outras parecen de forma illada aproveitando as protuberancias das paredes.

Sobre as intencións dos artistas que as fixeron, moito se ten dito: que se formaba parte dun santuario relixioso, que se eran a representación simbólica dunha guerra entre clans, que se eran ritos de fertilidade, que se estaban realizadas para favorecer a caza posterior ou que “simplemente” eran outro exemplo máis da arte pola arte.

Hoxendía as pinturas non son visitables por problemas de conservación (unha maldade: eu as puiden visitar en dúas ocasións e non vou dicir como) mais contamos coa posibilidade de achegarnos ata algunhas das dúas réplicas feitas: unha na Neocova do Museo de Altamira (Santilla del Mar) e outra no Museo Arqueológico Nacional de Madrid (canto deixará de estar no abandono este magnífico museo?).

Non deixedes de visitar as entradas de arte prehistóricas de Enseñ-arte.


2 comentarios:

Sarinsky dijo...

Me encantaría poder ver estas pinturas, pero en la versión original que cunde más.
Me parece a mi que necesitaré algún que otro contacto para el dia de mañana...

Saludos!

Antonio Martínez dijo...

Pois para ver as pinturas orixinais si que vas ter que necesitar algún que outro cntacto. Xa podes empezar a buscar.