1/8/08

Roubado nun museo de Ucraína un "caravaggio"

A pesar de "estar pechado por vacacións" non me resisto a poñer esta nova de hoxe de El País:


"Era unha das xoias do Museo de Arte Occidental e Oriental de Odessa (Ucraína). E entre as seis da tarde do xoves e as dez da mañá do venres, saíu por unha fiestra. O prendimiento de Cristo, tamén coñecido como O bico de Judas, foi pintado por Michelangelo Merisi Caravaggio (Caravaggio, 1571-Porto Ercole, 1610) para Asdrubale Mattei e fora restaurado en 2006. Acabou en Ucraína por unha sucesión de compras e agasallos realizados a partir do século XIX, cando foi adquirido polo embaixador do imperio ruso en Francia, A. Bazilevski, que llo regalou en 1870 ao gran duque Vladímir Alexándrovich. Na época soviética, pasou á colección da Galería de Arte Antiga, que derivou no Museo de Arte de Odessa.

Víctor Nikíforov, director do museo, mostrouse conmocionado polo roubo, aínda que rexeitou valorar a perda. "O que podo dicir é que non ten prezo", declarou. A policía de Odessa explicou que os ladróns levaron o cadro por unha fiestra que romperon na segunda planta do edificio, onde se atopaba O prendimiento de Cristo. Agora o museo permanece pechado. Onte os axentes, apoiándose en cans especialmente adestrados, buscaron pistas no edificio. Caravaggio pintou polo menos dúas versións do prendimiento de Cristo. Unha atópase na Galería Nacional de Irlanda, en Dublín. A outra é a roubada. Os especialistas sosteñen que o lenzo foi pintado entre 1573 e 1602 para Asdrubale Mattei, mentres que a versión que se garda en Irlanda, que foi redescuberta en 1990 na residencia da Compañía de Jesús de Dublín, foi pintada para Ciriaco, banqueiro e irmán maior de Asdrubale. Ciriaco Mattei afirma nos seus libros que en 1603 pagou 150 escudos polo prendimiento de Cristo. Sobre a autoría do óleo de Odessa dubidouse ata que, nos cincuenta, a especialista rusa en Historia da Arte K. Malístskaya demostrou que era de Caravaggio. "

3 comentarios:

saaritaa dijo...

Ya veo que no te puedes resistir al blog...hay que tener mucha tentación!!
Pero el artículo merece la pena, no? Además si se trata de Caravaggio...

Disfruta de esas playas aunque si dices que están en Galicia, yo rezaría para que hiciese buen tiempo jeje

Cuidate!!

Kaplan dijo...

se non estou equivocado, este lenzo foi exposto hai moi poucos anos en compostela, na exposición sobre os medicis. pode ser? estarei equivocado?
un saúdo

preste dijo...

Seica hai ladróns con bastante bon gusto!!!