1/7/08

Vendeuse "Madrid desde Torres Blancas" de Antonio López


Lede a nova que trae hoxe o xornal madrileño ABC:


«Madrid desde Torres Brancas», de Antonio López, o cadro máis caro dun artista español vivo .


O cadro de Antonio López «Madrid desde Torres Brancas», poxouse onte na sede londinense da firma Christie´s por case 2,8 millóns de dólares (1,74 millóns de euros), o que lle converte no artista español vivo máis cotizado. O lenzo, unha impresionante vista urbana pintada por Antonio López entre 1976 e 1982, e era a única das súas grandes obras que non saíra a poxa aínda. Antonio López superou, informa Efe, a Miquel Barceló, cuxa obra «A rosa branca» adxudicouse no 2007 por 1,6 millóns de dólares (algo máis dun millón de euros). Pola súa banda, o cadro máis caro vendido ata agora de López era «Academia», que recadou 344.250 euros nunha poxa de Christie´s en Madrid no 2004. A obra do artista español saíu a poxa dentro dunha sesión dedicada á arte posterior á segunda guerra mundial, que continuará hoxe na casa de poxas británica.


Na sesión de onte, con todo, o protagonista foi o estadounidense Jeff Koons, cuxa obra «Ballon Flower (Magenta)», creada entre 1995 e 2000, vendeuse por 25,7 millóns de dólares (16,2 millóns de euros), no que supón unha marca para o artista. Na mesma poxa vendéronse «Three Studies for a Self Portrait», unha obra de Francis Bacon nunca vista antes en público (34,5 millóns de dólares, 21,7 millóns de euros); e «Naked Portrait with Reflection», de Lucian Freud, que se vendeu finalmente por 23,5 millóns de dólares (14,8 millóns de euros).

1 comentario:

Anónimo dijo...

Boas!
Veño d'A Terra do Preste Xoán e contemplo con satisfacción como cada vez somos máis facendo cousas interesantes no ciberespazo. Quedas enlazado e non é unha ameaza!
Por certo que, estaredes Xosé Antón e ti o xoves en Compos no encontro de Aula Blog? Será un pracer coñecervos?