9/7/08

Polémica en Caldas de Reis: nova escultura de Francisco Franco


Como desde hai once anos, na vila pontevedresa de Caldas de Reis faise un enorme esforzo por levar a arte ata a xente. Unha experiencia de enorme interese e da gran proxección cultural. É o que se coñece como Kaldarte, dentro do Festival Cultura Quente. Deste xeito varios artistas son invitados a colocar as súas obras polas rúas e prazas. Mais a polémica dos políticos papanatas xurdíu este ano coa obra do recoñecido escultor madrileño Fernando Sánchez Castillo. Que se piden a retira inmediata, que se tal que se cal...


Que vos parecería atopar unha fonte co busto de Franco coa auga saíndo pola súa boca? A obra está situada nun dos lugares máis fermsos da vila, á beira do río Umia no parque.


Provocación? reflexión? escarnio?. Beberíadades auga por esa “boquita”?
Foto: Capotillo

3 comentarios:

saaritaa dijo...

Curiosa entrada jajajja
No se que pretenden con esta fuente, pero si me permites la expresión, yo preferiría beber el agua de la ría del Burgo...

breogain dijo...

non sei, pero coido que a deberian retirar canto antes, digo isto pola integridade da escultura, ao pobre home debeulle de custar facela e pódenlla botar abaixo unha noite destas... ademais que dana á vista, eu non quero ollar unha estatua de Franco nin de coña.

Un saúdo

Anónimo dijo...

Iso è vergoñento para un alcalde que està baixo as siglas do psoe , e ten que trinan os seus propios votantes. Se o alcalde non ten MEMORIA HISTÒRICA , espero que os seus votantes si a teñan cando veñan as votaciòns . Non se pode facer isto para que falen de Caldas , porque entre ista vergoña e mais os problemas urbanìsticos que ten si que ten boa publicidade .