4/6/08

O Guernica de Picasso: fotografías da súa elaboración

Tras a visita a Madrid, quero lembrar hoxe algo da obra de arte que máis interese tiña o alumnado en ver: o Guernica de Picasso. Iniciarte xa fixo algunha entrada sobre esta obra e varias sobre Picasso.

Dora Maar, que en realidade chamábase Henriette Theodora Markovitch, foi a parella de Picasso mentres este realizaba o encargo do goberno da II República. Durante os cinco meses que lle levou ao artista malagueño realizar a obra, Dora fixo un total de 58 fotografías que foron vendidas en poxa pública en 1998 por un total aproximado de 1.400.000 euros.

Se queredes coñecer mellor a esta fotógrafa recoméndovos o libro “Dora Maar con y sin Picasso

A continuación podedes ver unha selección das fotos realizadas por Dora Maar sobre o Gernica no taller do pintor.







Bibliografía e fotos: Guernica-Legado Picasso. Madrid, Ministerio de Cultura, 1981.

2 comentarios:

Sarinsky dijo...

Sin duda es una obra de mucho interés y debo reconocer que verla en persona cambió totalmente mi opinión sobre ella de forma positiva.
Por otra parte las fotos aqui presentadas sobre los bocetos son de lo más exquisitas. Estupendoo!!

Antonio Martínez dijo...

Nos vindeiros días colgarei unha selección dos traballos previos que realizou. Agardo que tamén te gusten.