5/6/08

O Guernica de Picasso: estudos previos

Preséntovos hoxe algún dos traballos que realizou Picasso no mes de maio de 1937 para a realización do Guernica.



Estudo de composición (IV), 1 de maio de 1937

Un dos primeiros estudos, aínda con formas confusas que serán suprimidas. É un debuxo de grafito e óleo de gran calidade artística. É o ultimo debuxo dos realizados durante a primeira xornada e é o estudo de grupo máis completo dos traballos iniciais. Xa están aquí catro personaxes básicos: o touro, o cabalo, a portadora da luz e un guerreiro con lanza. Tamén aparecen definidos os principais elementos arquitectónicos do cadro definitivo.


Estudo de composición (VII), 9 de maio de 1937
É o primeiro gran boceto onde coloca a todos os elementos conxuntados. Xurde por primeira e única vez unha roda como elemento central. Hai que salientar a presenza, en primeiro termo, de moitas figuras contorsionadas e xacentes. Xa está presente a forza da cor negra, tan importante no cadro definitivo. Polas xanelas das construcións xorden numerosos brazos humanos cos puchos pechados, que logo serán suprimidos.



Nai con neno morto na escaleira (II), 10 de maio de 1937




A nai está fuxindo pola escaleira do lume con seu neno morto no colo. Fai un uso expresionista da cor, dominando o amarelo do fondo e a violencia dos vermellos e azuis. A cor negra do lume fai que a composición sexa moi agresiva.









Estudo para cabeza de touro, 20 de maio de 1937


Fixo moitos estudos para esta cabeza do touro. Comezara facendo un animal con rasgos humanos que neste debuxo están case desaparecidos, mais permanece, dos traballos anteriores, a mirada impasible e un certo aire de saudade.



Nai con neno morto (IV), 28 de maio de 1937

Este é o único boceto no que o neno ten a boca aberta, probablemente pola dor causada pola frecha que ten cravada. Esta frecha na obra definitiva foi trasladada ao cabalo. Este boceto de grafito, gouache e cor é un auténtico collage xa que engadiulle cabelos humanos colocados no centro da composición.





As imaxes proceden de: Guernica. Legado Picasso. Madrid, Ministerio de Cultura, 1981

3 comentarios:

saaritaa dijo...

Verdaderamente sorprendentes estos bocetos, sobre todo el estudio de composición IV( 1 de Mayo de 1937).
Otro post fantástico!!

Antonio Martínez dijo...

Que cambio de foto...

Luis Gómez Casás dijo...

Vaya cambio ha dado el cuadro al final.