15/6/08

Edward Hopper: o realismo norteamericano do século XX

Dentro das dúas grandes correntes da pintura norteamericana, o neoiorquino Edward Hopper representa a mellor visión do figurativismo. Fronte á abstracción de Pollock, De Koonig ou Jasper Johns, Hopper e Hockney amosan unha novidosa interpretación do realismo.

Hopper (1882-1967) que practicamente toda a súa vida transcorreu no seu Nova York natal, non fai simples representacións dunha realidade calquera, senón que fai reconstrucións que trascenden a simple experiencia. As súas obras en moitas ocasións son cadros dentro dos cadros, son como unha metáfora do silencio. É precisamente o silencio un dos cualificativos que lles podes dar aos seus cadros pero tamén poderíamos falar con outros substantivos: xanela, lectura, soedade, muller, natureza, cidade, tren, hotel, praia, arquitectura, cinema, teatro...

Os espazos que pinta “falan de limitacións e tensións, e converten o silencio expresado nos cadros por moitas situacións e figuras humanas, en xesto dos cadros mesmo”. Os seus cadros están construídos minuciosamente, con escasos temas e cun tratamento experimental da luz que acadan por transmitir ao espectador unha impresión de tranquilidade e de concentración. Nos cadros urbanos de Hopper, ten uns cantos...., non hai escapatoria, como tampouco a hai en moitas das súas paisaxes porque os seus escenarios non son accesibles, teñen unha barreira que non impide achegarnos onde eles.

O aparente distanciamento da realidade e da crítica social é tan só un argumento que facer reflexionar ao espectador. Os cadros de Hopper da súa última época adquiren unha expresión non só de serenidade “senón tamén de distancia; as cousas amósanse ao observador como detrás dun cristal” É como se os ocos, os valeiros, o que falta nos seus cadros teñan que ser recreador polos críticos e espectadores con palabras ou con metáforas.

En conxunto podemos relacionar a obra deste pintor norteamericano con dúas tradicións pictóricas. Por unha banda, co principio de estrañamento da realidade perceptiva tan do gusto de Magritte, e pola outra, a relación con imaxes da civilización asemella a Hopper ás obras postmodernas de Eric Fischl.


A melor colección da súa obra podedes atopala no Whitney Museum de Nova York. O noso blogue amigo Trafegando ronseis tamén dedicou unha entrada a este pintor. Nesta ligazón podedes ver un vídeo con algunha das súas obras.


Fotografías e citas de: Rolf G. Renner. Hopper. M adrid, Taschen, 1997.

4 comentarios:

saaritaa dijo...

¿De este artista nos enseñaste un libro en clase, verdad?
Molto curioso!!

Antonio Martínez dijo...

É posible.

Sira dijo...

Hopper es uno de mis artistas favoritos! "Habitación de hotel, 1931" cuelga de una de las paredes de mi habitación.

P.D. qué pena no poder saludarte este finde en las Xornadas de Clubs de Lectura.

Un saludo, Sira.

Antonio Martínez dijo...

Ola Sira:
Estiven anotado nas Xornadas, pero "compromisos" familiares impedíronme poder estar alí cos amig@s