2/6/08

Crónica minimalista dunha visita aos museos de Madrid


Sábado 31 de maio: 5.30 no aeroporto da Coruña. Primeira sorpresa: as tres alumnas e o alumno puntuais (a primeira vez que acontece no curso) Despegue sen problema pero con moitos nervios. Voo breve e tranquilo. O avión aterra sen novidade.

Saída complicada da T-4. Estrea no metro. Chegada ao hotel. Almorzo na Porta do Sol con algún pequeno percance. Por fin, sendo 10 as horas entramos no Museo del Prado. Goya e a Colección permanente estaban agardando por nós. Emoción contida. Foto con Velázquez.

Cruzamos a rúa e entramos no Thyssen-Bornemisza. Lección de pintura espectacular: da idade media ao século XX. Todo está no Thyssen. Saen esgotados.

Parada para xantar con famoso incluído (foto). Pola tarde toca o Reina Sofía. Só hai ollos para o Gernica pero teñen que recorrer todo o museo. Aproveito para deleitarme, unha vez máis, co Equipo Crónica. Van localizando a Picasso, Gris, Dalí, Saura, Tapies, Gargallo... Saímos do museo.

Paseo pola Porta do Sol, Praza maior, Rúa Maior, Praza da Vila, Palacio de Oriente, Senado, Praza de España, Gran Vía... Lembrámonos dos que non poideron acompañarnos nesta viaxe.

Esta crónica non recolle nada do acontecido unha vez rematada a tarde “artística”. É secreto do sumario.

Domingo pola mañá: Alguén di se cruzou con ZP (non hai foto). Exposición de Rodin (“O corpo espido”) na Fundación Mapfre. Paseo esgotador polo rastro (non todo ía ser arte) Xantar mirando os euros que quedan no peto.

Pola tarde visita ao monumento ás Vitimas do 11-M na Estación de Atocha e logo a Caixa Forum. E a súas exposicións de Mucha e dalgúns fondos da Galería dos Uffizi. Aparece a chuvia. Paseo ata o templo de Debod.

No aeroporto outro famoso (foto). O avión despega de Barajas ás 23.15 horas. Chegamos o luns ás 0.15 horas. 41 intensas horas.

Chegamos esgotados pero... que nos quiten lo bailao.

11 comentarios:

Sarinsky dijo...

jajjaj magnífico resumen de nuestro fin de semana tan espectacular.....¿porque tuvimos que regresar?

A pesar del agotamiento hay que reconocer que fue fantástico.

Próxima salida: Museo del Louvre, no?¿

P.D: fotos,quiero fotos!!

Luis dijo...

Imagina un unicornio. Un majestuoso caballo blanco alado con un gran cuerno en la frente. ¿Lo tienes? Ahora olvídalo, eso no es un unicornio, son solo mis palabras a las que tu imaginación dio forma. Son solo eso, palabras.

Ahora imagina un atentado terrorista en el que mueren casi doscientas personas inocentes y más de mil setecientas resultaron heridas. Familias enteras destrozadas. ¿No te gustaría que esto fuesen solo palabras?



Olvidaste comentar la visita al monumento a las víctimas del 11M, que a mi, sinceramente, me conmovió.

Por cierto, una visita AGOTADORA, pero divertida e interesante. Esta noche dormí como un bebé. Ah y se me fue el catarro completamente, ¡el clima de Galicia es milagroso!

Espero que se note la influencia de Magritte en el relato.

¡Oh capitán!, ¡mi capitán!

Antonio Martínez dijo...

Mariñeiro en terra: esquecmeneto corrixido. Grazas. Poñede nome aos seguinte calificativos:
-A apurada.
-A extasiada.
-A pes rotos.
-O peto roto.

Sarinsky dijo...

Me parece que yo soy la extasiada...pero falta un adjetivo:
El incansable...aunque la verdad es que ayer el pobre tenia una cara de cansado, supongo que caería rendido sobre su camita.

Sira González Rodríguez dijo...

jopeeeeeee vaya visita!!! qué pasada!!! así cualquiera estudia arte...

Luis dijo...

Lo malo es que no vimos la Puerta de Alcalá. Y eso que me dijeron "¡mírala, mírala, mírala, mírala, míralaaaaaaa!" (con el ritmo de la canción tiene más gracia).

O Segrel do Penedo dijo...

Magnífica crónica, pero os comentarios... non teñen desperdicio.
Luís, non es Dios, pero escribes coma os Anxos!!!
Apertas dende Fene

Luis dijo...

Moitas grazas polo halago. Apertas dende Cambre.

Toño, a foto do templo exipcio saíute perfecta, parece profesional.

Antonio Martínez dijo...

Vistos os comentarios que facedes desta viaxe, vou ter que darlle a razón a Sara e preparar xa outra para ver o Louvre, Orsay, Marmotan, o museo Rodin e o Picasso... de París

Sarinsky dijo...

Cuando dices que es la salida para el Louvre y demás museos de París?¿
Que sepas que puedes contar conmigo!!
(magnífica oportunidad de conocer París y eso que a mi nunca me llamó la atención, pero ahora que conozco la existencia de las exquisitas obras que guarda el Louvre, como no iba a ir?¿

Luis dijo...

Así podré aplicar mis conocimientos del francés:

Voulez vous coucher avec moi, ce soir.

jaja