7/6/08

Chema Madoz: exposición no Museo de Belas Artes


Iniciarte foi invitado a participar dun dos actos culturais que o grupo de amigos e amigas cos que comparto quilómetros (Club de atletismo Panadería D´Osedo) organiza de cando en vez. Así o pasado venres , 6 de xuño e no Museo de Belas Artes da Coruña, edificio que xa foi analizado nesta bitácora, asistimos á inauguración da exposición do fotógrafo madrileño Chema Madoz.

Tras a presentación da directora do museo, o fotógrafo, nunha charla que autocualificou de breve e confusa (algún membro do club atlético cualificouna do segundo pero non do primeiro) tratou de explicar con palabras o que reflicten as súas obras. Fotografía en branco e negro, ás veces próximas ao hiperrrealismo, outras preto do surrealismo cando non do dadaísmo pero sempre cunha calidade que non é discutida.

Esta exposición forma parte do recoñecemento do Ministerio de Cultura tras serlle concedido no ano 2000 o Premio Nacional de Fotografía. Son 97 obras realizadas entre o 2000 e o 2005 nas que amosa obxectos, ás veces cotiáns, descontextualizándoos, buscándolle novos significados alonxados dos que lles serían propios.


Non deixedes de visitar esta exposición nin a páxina persoal do fotógrafo.

1 comentario:

Juan Luis dijo...

Adoro a Chema Madoz... cada fotografía súa é un punto de vista distinto e orixinal... unha nova visión da realidade... Cada unha das súas imaxes e un mundo novo por descubrir... Engancheime cos seus "MIXTOS"... e cada vez que atopo unha nova foto deste artista... quedo conmocionado por uns días... Saudos... e felicidades por este blog... xenial... paseareime mais a miúdo...