12/5/08

A Tate Modern: o museo británico para o século XX


Iniciarte foise a Londres para coñecer a sección contemporánea da Tate Gallery e non como alguén podería pensar a inspeccionar o recorrido da Maratón da capital británica cun grupo de atletas.

Co obxectivo de amosar a súa colección da arte do século XX, A Tate Gallery de Londres ampliou as súas instalacións rehabilitando unha antiga fábrica de electricidade á beira do Támesis. Ao igual que o Museo de Orsay, a Tate Modern recibe ao visitante cunha gran sala, que neste caso inglés, correspondíase coa sala de turbinas. Este gran espazo é aproveitado para facer propostas novidosas e interesantes de intercomunicación entre os artistas e os usuarios e usuarias.

A organización da colección é temática. Deste xeito amósase a Monet, con Rothko e co Expresionismo; a De Chirico co Surrealismo, Ernest e Bacon; a Boccioni con Lichtenstein e co Cubismo. Sen dúbida unha proposta interesante.

Tamén conta cun gran espazo para as exposicións itinerantes no que tras Juan Muñoz (admirado e aínda non ben recoñecido), estase expoñendo a Ducham, Man Ray (lembrade a exposición xa visitada na Coruña) e Picabia.

Xa sabedes, cando visitedes Londres, ademais, do British, da National, da Tate e do Victoria e Albert (queda aquí o compromiso de facerlle un post a este templo da copia), debedes visitar a Tate Modern.

2 comentarios:

saaritaa dijo...

La colección temática de diversos pintores como Mark Rothko o Monet suena de lo más interesante,sus obras son una maravilla.
No crees que el impresionismo abstracto es una pasada?¿
Que suerte tuviste!!

Antonio Martínez dijo...

Na entrada había que "vender a moto". Pero, sendo sincero, direite que me decepcionou un pouquiño. Hai mellores coleccións de arte contemporánea e, en canto ao edificio, o deseño británico non é do mellorciño.