24/5/08

Svjetlan Junakovic: Gran libro dos retratos de animais


Outras amigas veñen de regalarme outros libros. Nin falarei das amigas nin de todos os libros recibidos, mais non me resisto a presentarvos un libro xa reseñado na sección de ARTE E LITERATURA desta bitácora.
Trátase de o Gran libro dos retratos de animais de Svjetlan Junakovic que recibiu o 1º Premio ao libro mellor editado de 2007 do Ministerio de Cultura na categoría de Libro infantil e xuvenil. Con este magnífico libro a editorial pontevedresa OQO inauguraba a colección OQart

É un álbum ilustrado no que se recollen pequenos comentarios ás obras nas que retrata importante animais: Pingüín, no que se inspiraría Piero della Francesca; León, que ten un aire con Alberto Durero; Ovella, na que todo e todas veredes de onde xurdiu a inspiración ao voso admirado Veermer; Polo, revolucionario coma Marat. E así toda unha chea de fantásticas obras con retaratos de Ra, Mono, Rinoceronte, porca, Hipopótamo, Orangután, Ras, Armiño, Coella, Aguia, Pelícano, Flamengo, Gansa, Parrulo, Tartaruga...

É un libro imprescindible para os amantes da arte. Unha xoia bibliográfica.

Podedes ver algúns deste retratos, nos que se inspiraron famosos pintores na páxina web oficial da editorial.

2 comentarios:

Sarinsky dijo...

Oye pues suena de lo más interesante, y solo por ver el parecido de una oveja con Veermer estoy dispuesta a leermelo.
La portada es original, y creo que le da mil vueltas al original de Leonardo Da Vinci jaja

Luis dijo...

El de "La joven de la perla" de Veermer es muy simpático.