28/5/08

René Magritte: oito obras


Os amantes, 1928


Óleo sobre lenzo, 54,2x73 cm. Colección Richard S. Zeisler. Nova York.


Bicos dunha muller e dun home cubertos cun velo. Estas figuras estarán presentes en moitas máis obras surrealistas do pintor. Podería aludir á aparición da súa nai morta atopada afogada co seu rostro tapado? Os rostros cubertos, correspóndense a persoas invisibles á personalidade, ao carácter á expresión. Mais esta obra non é monótona, carente de vida senón que amosa unha forza invisible e ameazadora.




A evasión, 1933


Óleo sobre lenzo, 80x60 cm. Fundación Thyssen-Bornemisza. Lugano


Esta é outra obra emblemática de Magritte. É unha pintura sinxela pero que ilustra o posicionamento artístico do pintor. Conta co rigor realista e o aspecto misterioso das mellores creacións do pintor belga. Este cadro amosa estrañas correspondencias entre o exterior e o interior entre a habitación e a paisaxe.




A traizón das imaxes, 1948


Óleo sobre lenzo, 13,5x16,5 cm. Col. Particular. Xenebra.

A primeira versión desta obra data de 1929 e atópase nun museo de Los Ángeles. É unha das obras clave na pintura de Magritte. “Isto non é unha pipa” será unha frase que terá éxito para estudos, mesmo para un ensaio do Michel Foucault que acompañaría de dúas cartas e catro debuxos do propio Magritte. E claro que non é unha pipa é tan so un lenzo, un cadro, unha pintura.



A memoria, 1954



Óleo sobre lenzo, 64x50 cm. Col. Particular. Xenebra.

Esta é unha das variantes da Memoria de 1948 e probablemente a mellor versión rematada dunha das figuras preferidas polo pintor belga.A cabeza de mármore , aillada nun decorado arquitectónico, lembra a algunha do seu admirado De Chirico. Debemos lembra que a visión dalgunha das súas obras provocou en Magritte un cambio radical na súa pintura.



O mestre de escola, 1954


Óleo sobre lenzo, 81x60 cm. Col. Particular. Xenebra.


Este home con bombín e con abrigo negro xurde na obra de Magritte en 1920. Semella que foi unha das súas obsesións artísticas. É un home indiferente, impasible. Habitualmente pintouno só ou co seu dobre, case sempre de costas ao espectador, camiñando cara a algún misterioso destino.




As vacacións de Hegel, 1958


Óleo sobre lenzo, 61x50 cm. Col. Particular. Xenebra.


Nunha carta de maio de 1958 Magritte explica a un amigo a xénese deste cadro: “Meu último cadro empezou pola pregunta: “Como pintar un cadro que teña por tema o vaso de auga? Debuxei numerosos vasos de auga, etc. Sempre había unha liña nestes debuxos. Despois, esta liña aplastouse e tomou a forma dun paraugas. Despois este paraugas estivo metido nun vaso; e, para rematar, abriuse o paraugas e colocouse debaixo do vaso de auga. O cal parece que respondía á pregunta inicial. O cadro así concibido se chama As vacacións de Hegel. Creo que a Hegel lle tería gustado este obxecto que cumpre dúas funcións opostas: rexeitar e conter a auga. Acaso isto lle houbera divertido como adoita ocorrer nas vacacións?”



A corda sensible, 1960



Óleo sobre lenzo, 112x145 cm. Col. Particular. París.


Nunha entrevista do 1 de novembro de 1961 René Magritte explicou a orixe desta obra: “Non podo pintar antes de ter o cadro enteiramente feita na cabeza. Vaise facendo paseniño. Teño un caderno de debuxo na man. A inspiración proporcióname unha imaxe: apetéceme pintar unha nube. Entón debuxo unhas cantas nubes, pode que un centenar. E rodeo cada unha delas con formas das que ignoro o sentido ata o momento en que a inspiración me volve visitar e sei que o que hai que poñer debaixo da nube é un vaso de cristal".




A gran familia, 1963




Óleo sobre lenzo, 103x81 cm. Col. Particular.


Este cadro inspirou ao poeta Henri Michaux. “Un paxaro que atravesara unha nubes, ao que unhas nubes atravesaran... Mentres voara coas ás amplamente despregadas por riba dos mares, sen gritar... Paxaro en pleno ceo, atravesando ceos.

Bibliografía: Magritte. Catálogo de exposición. Madrid. Fundación Juan March, 1989.

5 comentarios:

Luis Gómez Casás dijo...

Son unas obras muy interesantes.

Antonio Martínez dijo...

Luis estas obras son a caña!!!

saaritaa dijo...

Hae opi sunt pulchrae.

Antonio Martínez dijo...

Sara: xa llo contarei a Suni.

Luis Gómez Casás dijo...

En realidad iba a poner que me molan mazo, pero supuse que quedaría muy vulgar, lo de "muy interesantes" es más finolis.

Pero, que carallo, ¡Molan mazo!