28/5/08

René Magritte (1898-1967)


"Magritte non se presta nunca ao xogo, enténdase, ao voso xogo ou ao meu. Xa o temo, di alguén. É noso. Mais antes de dicilo xa Magritte está noutra parte e demostra que non pertence a nada nin a ninguén. Para el non hai grupo que conte, nin sequera o dos amigo, cando está en causa a súa liberdade de obedecer ás ordes do espírito (...) Algúns comentarios á obra de Magritte –e temo que os meus non escapen a esta tendencia- poderían levar a imaxinalo como un home de laboratorio totalmente ocupado en resolver ecuacións estrañamente complicadas e a pensar que os problemas do mundo o apartan do mundo mesmo.É todo o contrario: Magritte está no mundo e o que lle interesa é a vida, tanto no seu senso máis amplo como no máis estrito. Preocúpase pouco de ser pintor, incluso un gran pintor; a súa elección é a de ser un ser vivo. É natural que queira lembralo, se é preciso mediante un escándalo, aos que están en vías de esquecelo, así sexa para o mellor ou peor dos motivos".

Extracto da conferencia pronunciada por Camille Goemans, amigo de Magritte, o 15 de marzo de 1956, en Chaleroi. A conferencia foi publicada en 1970 en Francia e en España en Magritte. Catálogo de exposición. Madrid, Fundación Juan March, 1989.

1 comentario:

saaritaa dijo...

Al contemplar estas imágenes sobre Magritte me he dado cuenta de que el surrealismo, a parte de llamarme la atención, es un estilo que también me gusta mucho. Dalí es otro representante del surrealismo que me fascina.
Los vídeos son genialess!!