13/5/08

A pintura no século XX (II): a forma

Na pintura o elemento formal obtense normalmente a través do debuxo producido pola liña e do relevo producido polo claroscuro. Pero o Impresionismo rachou con isto ó dicir que a liña non existe na natureza. En segundo lugar o Impresionismo rachou co sentido do relevo e do claroscuro ó empregar sombras coloreadas. En terceiro lugar o Impresionismo demostrou que as formas dependían do medio en que se atopasen e a luz que os iluminase. Deste xeito nos cadros Impresionistas a forma comezaba a diluírse, ficando pouco recoñecible e os obxectos na representación aparecían diluídos, desordenados.

A primeira proposta do postimpresionismo será precisamente a recuperación dese elemento formal coma elemento consubstancial da pintura aínda que non da natureza. No postimpresionismo as cousas aparecen como formas consolidadas, definidas, ben pola liña ben polas gradacións tonais. Agora ben, estas formas xa non servirán tanto para traducir anacos da natureza como para valorar os elementos formais por si mesmos.

Unha vez recuperado este valor do motivo representado no cadro como unha forma e non coma unha tradución da natureza, a pintura contemporánea comezará a manipular a forma no sentido que máis lle conveña tanteando camiños diversos:

- O primeiro camiño que atopamos é distorsionando a forma, ben a base de liñas suaves e fluídas (iniciado por Gauguin, continuado polo Modernismo, expresionistas como Munch e continuado por Matisse) ou ben endurecendo a forma, ensañándose coa imaxe, volvéndoa anguriosa e desesperada (Van Gogh, Kandisky, expresionistas alemáns e franceses). Dentro desta manipulación da imaxe está neofiguración dos 50´ en diante (Bacon, Saura)
-Outro camiño é reducir a forma, sen facela desaparecer, sintetizándoa, convertendo as imaxes en símbolos (Miró)

-Outro camiño da forma é aquel que recupera as imaxes do xeito tradicional. Así moitos movementos pictóricos describen con precisión as cousas representadas máis dándolles unha aparencia estraña: colocación en ambientes estraños, asociación de elementos ilóxicos (De Chirico, Nova Obxectividade Alemaña dos 20’, o Surrealismo –dándolle a algúns elementos propiadades non convencionais como os reloxos brandos de Dalí, ou as asociacións iloxicamente racionais de Magritte, o Hiperrealismo, o Pop-Art, a Neofiguración)

-Outro camiño é aquel no que a forma vai dirixido a enfatizar os valores propiamente formais. A forma como concepto xeométrico-abstracto e non figurativo (camiño principiado por Cézanne e continuado polos cubistas Picasso, Braque e Gris) tendendo tanto á xeometrización como á supresión das formas recoñecibles (o Neoplasticismo o Construtivismo, o Estruturalismo ou o Op-art)

-O derradeiro camiño da forma, ou mellor dito da non forma, é o que está a prescindir da forma figurativa e da forma xeométrica, é a abstracción e o Informalismo, nos que a pintura xa non se concibe como o equivalente das imaxes exteriores senón corno un acto de intervención sobre un soporte, como un puro xesto.
É por isto que gran parte da pintura informalista se denomina Xestual, un puro xesto, e este xestualismo é unha acción violenta, que tacha, o Tachismo, Expresionismo Abstracto ou Action Painting.

19 comentarios:

Luis dijo...

Cómo se llama el de los relojes de Dalí?

Luis dijo...

Vale, ya lo encontré, creí que lo de "relojes blandos" era una descripción que le dabas tú.

Hay muchas obras de esta entrada que me gustan.

Antonio Martínez dijo...

Pois, nada, Luis, a estudar.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

It is remarkable, a useful phrase