12/5/08

O xacemento romano de Cambre: dous novos libros

O concello de Cambre ten un rico patrimonio histórico-artístico: mámoas, castros, arte románica... e tamén restos romanos. INICIARTE foi invitado á presentación dos libros: “O xacemento romano de Cambre. A escavación arqueolóxica, o traslado e a posta en valor” e a guía didáctica “Xacemento romano de Cambre”.
Entre os seus autores destacan Juan Naveiro, un dos máximos especialistas na Galicia romana e Ramón Boga, director do Museo do Xacemento Romano.

No acto da presentación, que discorreu, como non podía ser doutro xeito, no Museo do Xacemento, interveu, ademais dos políticos de turno (concelleira de Cultura e Alcalde) o Director Xeral de Patrimonio, o coñecido e admirado Felipe Arias, arqueólogo e museólogo (director do Museo do Castro de Viladonga) de recoñecido prestixio.

Os dous libros, fermosamente deseñados, están editados polo concello de Cambre.

2 comentarios:

Luis dijo...

No conozco a Juan Naveiro, pero si lo coescribió Ramón Boga seguro que está todo perfectamente explicado.

Antonio Martínez dijo...

Juan é un crack na cultura galaico romana e no sistemas comerciais na península durante a dominación romana. Fixo moitas escavacións arqueolóxicas.