30/5/08

Juan Muñoz: exposición retrospectiva no Guggenheim de Bilbao


O Museo Guggenheim de Bilbao vén de inaugurar unha exposición retrospectiva sobre Juan Muñoz, sen dúbida o escultor español máis interesante das dúas últimas décadas do pasado século. Esta exposición, con algúns cambios nas pezas, xa foi amosada ata marzo na Tate Modern de Londres, museo co que Juan Muñoz mantivo unha relación moi especial e que tivo moita repercusión na prensa española. É probable que posteriormente chegue ao Reina Sofía.


O artista madrileño, que faleceu con 48 anos en Ibiza no 2001 (lede esta necrolóxica de El País), foi o principal artífice da recuperación da figura humana como elemento clave da escultura de finais do XX. As figuras, maioritariamente monocromas, tiñan un marcado carácter realista aínda que ambientada sempre en situacións, contexto e/ou espazos inquietantes para o espectador. Muñoz buscou a reacción do seu visitante, reaccións ou sentimentos que poderían ir desde a angustia ao desacougo, desde o rexeitamento ata a integración total. Representarán as figuras en escaleiras, balcóns, terá como protagonistas a ananos, chinos ventrílocuos, traballando o bronce a terracota ou a resina.Como artista do seu tempo ademais das esculturas abordou os campos do debuxo e do ensaio, experimentando tamén cos sons.

Tras formarse en Londres e Nova York, onde coñecerá a Richard Serra, vivirá tamén Madrid coa tamén escultura Cristina Iglesias. Desde que fixo a súa primeira exposición colectiva en 1982 as súas obras recorrerán as principais capitais mundiais (Londres, Nova York, Berlín, París, Madrid, Atenas, Chicago, Roma, Eindhoven, Dublín, Washington, Venecia, Hamburgo, etc) No ano 2001 fixo unha espectacular instalación na sa das turbinas da Tate Modern titulada Double Bind, de enorme repercusión internacional.

Podesdes coñecer a súa biografía, bibliografía sobre a súa obra, o que se escribe sobre el na Wikipedia, o video que ofrece El Mundo desta exposición. Tamén podedes escoitar esta introducción á súa obra e á exposición.




Case todas as seguintes fotos proceden da exposición no Guggenheim.

Entrada realizada coa axuda técnica de O Segrel.


4 comentarios:

Sarinsky dijo...

Magnífico escultor, pero Jorge Oteiza va más con mi estilo jeje

Por cierto aunque no haya puesto ninguna referencia subjetiva en mi post sobre Dalí, me parece un artista genial...y su biografía me parece interesante. 1 tipo peculiar...

P.D: 5 horas pa Madrid!!!

Antonio Martínez dijo...

Si 5 horas para Madrid e algunha máis para ver unha obra de Juan Muñoz no Reina Sofía.

José Francisco Durán Medina dijo...

Perdonad que escriba aquí, que quizás no sea el sitio adecuado, pero es la única manera de contactar con vosotros.
Soy un profesor de Magisterio de la Universidad de Castilla La Mancha, en Toledo. Estoy realizando actualmente una investigación para poder completar mi tesis. Trata sobre la utilización de los Blogs en Educación, o como prefiero llamarlo, sobre los Edublogs.
Para poder llegar a algunas conclusiones generalizables necesitaría que colaborarais conmigo. Y es para esto para lo que solicito vuestra ayuda. En principio simplemente se trataría de rellenar un brevísimo cuestionario por parte del profesor creador del Blog y de sus alumnos/as valorando la influencia de su edublog en algunos aspectos educativamente importantes.
Por favor, si están dispuestos a colaborar, les ruego me escriban un email a JoseFrancisco.Duran@uclm.es para que les pueda enviar en un archivo adjunto el cuestionario y luego me lo devuelvan relleno.
Muchísimas gracias.
En Toledo tenéis un amigo (y aprovecho para invitaros a visitar esta preciosa ciudad).
Un abrazo.

O Segrel do Penedo dijo...

Benquerido amigo
Como é a vida... uns vos pasades e outros non chegan!!!