8/3/08

A Pintura Italiana do Renacemento

Dado o descoñecemento da pintura antiga, os pintores italianos do século XV fixáronse na natureza, dentro dunha acusada idealización, e experimentaron coa perspectiva, que se converteu nun método para comprender o mundo. As principais novidades foron: a utilización de composicións harmónicas, frecuentemente resultado de enxertar as figuras en esquemas xeométricos, a caracterización psicolóxica dos personaxes, ao formar parte dunha situación argumental, a luz homoxénea e as cores harmoniosas; temática relixiosa e alegórica, dentro do pensamento humanista; variedade no dominio de todo tipo de técnicas (óleo, fresco e temple)



No século XVI vaise discutir moito sobre a comparación entre as artes e a súa importancia o que contribuíu á consideración autónoma da pintura, a primacía do debuxo ou da cor, a consideración do artista como protagonista do discurso histórico-artístico que establecen as obras. O lenzo pasará a ser un soporte empregado dun xeito habitual polos artistas


No hay comentarios: