15/3/08

Piet Mondrian: o neoplasticismo e a abstracción


O nome de Piet Mondrian (Amersfoort, Holanda, 1872-Nova Iorque, 1944) está vinculado ao grupo neoplasticista holandés aglutinado ao redor da revista De Stijl.

As súas primeiras obras foron paisaxes serenas, pintadas en grises delicados, malvas e verdes escuros, e en 1908, baixo a influencia do pintor Jan Toorop, comezou a experimentar con cores máis brillantes. En 1911 partiu cara a París, onde adoptou o estilo cubista desde o que aos poucos se foi penetrando na abstracción. En 1917, xunto ao pintor Theo van Doesburg e a un grupo de novos arquitectos e artistas, fundou a revista De Stijl, que, ata 1924, serviulle de plataforma para difundir o neoplasticismo, unha arte á marxe da natureza, que buscaba representar as verdades absolutas do universo. A pintura de Mondrian expresaríase a partir de entón exclusivamente a través dunhas cantas liñas rectas e planos de cores primarias.


En 1925 desvinculouse do grupo De Stijl, e en 1931 uniuse ao grupo Abstraction-Création de August Herbin. En 1938 emigrou a Londres e no outono de 1940, tras os bombardeos de Londres e a entrada dos alemáns en París, Mondrian decidiu aceptar a invitación do pintor americano Harry Holtzman e instalouse en Nova York. En América o seu estilo perdeu a rixidez anterior e adquiriu unha maior liberdade e un ritmo máis vivo. É principalmente coñecido polas súas pinturas non figurativas ás que chamou composicións, consistindo formas rectangulares en vermello, amarelo, azul ou negro, separadas por grosas liñas rectas. As mesmas son o resultado dunha evolución estilística que ocorreu no curso de case 30 anos e continuou máis aló dese punto ata o final da súa vida.


Esta entada vai adicada a Artechachi, xa que Mondrian é o pintor favorito da súa webmáster.

5 comentarios:

saaritaa dijo...

Muchas gracias por la dedicatoria...me encantó.Sin duda es uno de mis pintores favoritos junto con Kandinsky.

P.D: cuando tenga tiempo ya te dedicaré algo a ti también,no te preocupes te gustará...!!!

Antonio Martínez dijo...

Agardo con impaciencia ese post. Agora ben, sabes quen son os meus artistas favoritos? Aínda non os vimos nas clases.

saaritaa dijo...

Claro que lo se...o al menos lo deduzco,de todas formas me arriesgaré con el que tengo en mente,ya me dirás si es uno de tus favoritos o no.

O Segrel do Penedo dijo...

A punto estou de darlle algunha pista a Saaritaa... pero como penso que é unha moza intelixente, deixarei que no lo demostre.

saaritaa dijo...

Estoy convencida de que uno de sus favoritos es Caravaggio,y no se porque pienso que Murillo también le gusta...
(por cierto ya puse una de las entradas dedicadas...por si no la has visto)
Saludos