21/3/08

Santa Eulalia de Bóveda: santuario romano en Lucus Augusti?
















Nunha contorna chea de mámoas, túmulos neolíticos e castros e próximo á vía romana XIX, atópase o conxunto arquitectónico de santa Eulalia de Bóveda a uns catorce quilómetro de Lugo.

Orixinariamente era un edificio de dous andares, do superior só queda o arranque da bóveda. Mais o sorprendente sitúase no inferior: un pórtico, con relevos, dúas columnas "in antis" , arco de ferradura con doelas de ladrillo e dúas pequenas xanelas, da a entrada a unha pequena sala rectangular de tres naves dividas por arcadas e ábsida rectangular; no centro conta cun pequeno estanque rectangular. A cámara está cuberta por unha bóveda decorada con pinturas sobre estuco no que se representan diversas aves: perdices, faisáns, galináceas, pavos reais, pombas, un ganso e un pato, entre motivos vexetais. É de época tardorromana.

Oitenta anos despois do seu descubrimento, santa Eulalia aínda presenta dúbidas sobre a función desta cripta soterrada: lugar romano de baños, templo dedicado á deusa romana Cibeles ou templo dedicado a Prisciliano? Máis tarde foi reutilizado polos cristiáns dedicándoo a santa Eulalia.

Non obstante, trátase do testemuño material máis importante da relixión romana e do inicio do cristianismo en Galicia.

Santa Eulalia de Bóveda foi declarada monumento nacional en 1931 e hoxe está declarada Ben de Interese Cultural.


Para saber máis podes descargarte documentos en pdf sobre este monumento ou ver este blog.

4 comentarios:

saaritaa dijo...

Me fascina enterarme de esta información y de sus orígenes,porque la verdad es que hicieron un gran trabajo antigüamente construyendo estas maravillas con tan pocos recursos.

P.D: me parece que el título del Post...

Antonio Martínez dijo...

Grazas pola corrección, Sara.

saaritaa dijo...

No hay de que,ademas siempre es un alivio ver que no soy la única que comete faltas de ortografía...

Antonio Martínez dijo...

Sempre aprendendo con/de a xente nova. Grazas, de novo