31/3/08

Jean Nouvel gañador do premio Pritzker



Jean Nouvel gañador do prestixioso premio Pritzker, o Nobel da arquitectura.

A Fundación Hyatt vén de confirmar ao arquitecto francés Jean Nouvel (Fumel, 1945) como o gañador do premio Pritzker de arquitectura. Este é o máis importante premio que se concede internacionalmente nesta disciplina da creación artística, xunto co Mies van der Rohe. Mentres que o segundo premio concédese por unha obra significativa, o premio Prizker, concédese pola traxectoria dun arquitecto.


Thomas J. Pritzker, presidente de la Fundación Hyatt, declarou que o arquitecto francés foi seleccionado pola calidade dos douscentos proxectos realizados nos que amosou un profundo interese pola innovación, ofrecendo sempre unha imaxe fresca e anovada da arquitectura grazas á súa constante experimentación con novos materiais.En Galicia contaremos pronto cun conxunto arquitectónico da súa autoría posto que gañou o concurso para a ampliación do peirao de Vigo, aínda que parece que pode ter problemas na súa realización. Precisamente foi “Peirao” o nome do seu proxecto no que deseña un edificio destinado a hotel, con certas similitudes coa torre Agbar de Barcelona.

Para coñecelo un pouco máis podedes ler esta entrevista.


1 comentario:

saaritaa dijo...

Un premio realmente bien otorgado.
Una arquitectura impresionante.