14/3/08

A fotografía como arte-denuncia: Sebastiao Salgado no Sahel

En 1984 e 1985, durante quince meses, o fotógrafo Sebastiao Salgado estivo no Sahel recollendo a súa persoal visión da traxedia humanitaria provocada por unha tremenda fame negra. En estreita colaboración con Médicos Sen Fronteiras, o artista brasileiro realizou unha das reportaxes que pasaron á historia da fotografía e á historia da arte. Posteriormente editaríase un libro (Sahel –El fin del camino)
que reproducía unha selección daquelas miles de instántáneas.
Hoxe presentamos en Iniciarte unha pequena mostra desas fotos. O texto que acompaña á presentación é da periodista Rosa Montero. Leédeo con atención. É toda unha:

LECCIÓN DE XEOGRAFÍA



"Aguanta a respiración e mergúllate neste libro, como quen se lanza a unha piscina escura. Toma alento e enfróntate a estas fotografía formidables, que son unha fiestra desapiadada ao xa que sabemos peros empeñámonos en ignorar, ao reverso do que somos, á zona en sombras da vida.




Ánimo. Mantén a mirada nas láminas. Que non se diga que, vivindo no privilexio como vives, nin sequera es capaz de soportar por uns instantes a dor e a desazón do recoñecemento. Os privilexios son así. Embotan as conciencias e nos embriagan coa dozura do esquecemento. Porque o privilexiado empéñase en vivir ignorante da súa condición, sen recordar xamais que a súa abundancia aséntase no desposeimiento dos outros. Así que aguanta e mira.


Escoce. O recoñecemento escoce, desde logo. O comprobar unha vez máis que son home e mulleres como ti. Nenos como os teus. Aí están, con dous ollos, un corazón, unha mente chea de medos e ambicións de felicidade. Como a túa. Perfectamente humanos aínda que a súa envoltura exterior sexa chocante. Aínda que os perfís dos seus corpos padezan unha deformación grotesca. Son os estragos do sufrimento. Ti, que sabes do dolo posto que vives, imaxina a cantidade incalculabe de dor que é necesaria para triturar así a unha persoa.

En realidade é unha cuestión de xeografía. Todo consiste en ter nacido neste ou naquel lado da terra, por encima dun determinado paralelo ou por baixo. Un puro azar xenético, unha lotería paritoria converteuche en lector deste libro e non en protagonista. Pero podías estar aí, encerrado nos perfís da foto e na miseria".







Adicado a Humberto Morán, con cariño.

2 comentarios:

Loly dijo...

Unha das primeiras exposicións que compartimos... recordas?
E despois de tanto anos, estas imaxes, non por coñecidas deixan de conmovernos, de impresionarnos...
Ata cando tanto sufrimento e tanta dor?

Sarinsky dijo...

Lamentablemente esto es la dura realidad....y es cuestión de suerte porque nosotros podríamos estar en su lugar...