17/3/08

Exposicións: Sorolla e os seus contemporáneos





















Desde hai uns meses a Fundación Caixa Galicia ten nova sede en Ferrol. Tras un proceso de restauración dun emblemático edificio ferrolán, cóntase na cidade departamental cun gran contedor cultural para exposicións e outros eventos. Nestes días pódese contemplar a exposición “Sorolla e os seus contemporáneos”. Son obras do artista levantino e de Zuloaga, Rusiñol ou Anglada Camarasa entre outros.

Exhíbense en Ferrol 17 óleos de diferente formato de Joaquín Sorolla y Bastida (Valencia, 27 de febreiro de 1863 - Cercedilla, 10 de agosto de 1923), obras pintadas todas nos anos de maior producción deste prolífico pintor e que amosan a súa evolución estilística e técnica.

“Foi Joaquín Sorolla quen conseguiu conducir o luminismo ao seu punto de máxima eficacia plástica. É uno dos máis destacados epígonos da pintura tradicional, pero tamén un fito no proceso de xestación da arte posterior”, asegura un dos comisarios desta mostra, Manuel Crespo.

Estes 60 óleos proceden dos fondos do “Museo Nacional de Bellas Artes de La Habana

6 comentarios:

Loly dijo...

Así que de visita polo meu pobo...
Xa que contarás que che pareceu a restauración dese edificio.

Sarinsky dijo...

Es una pena no poder ir a una exposición como esta,ya que las obras de Sorolla son magníficas,y muy bonitas.

Antonio Martínez dijo...

Como madrugas...
O edificio non o puiden ver completo, mais o guía persoal que levaba (sabes que procuro facer acompañar do mellorciño) explicoume como eran as partes que non visitamos.
Cambiar de función unha edificación é sempre arricado; as solucións atopadas parécenme ben aínda que o espazo non está, artiticamente, tan aproveitado como se podería.

Sarinsky dijo...

Todo esto de los blogs me tiene un poco obsesionada...ya ni duermo...jaja

P.D: los pintores que colgué en mi blog no se si forman parte de tus favoritos,como no me dices nada...

Antonio Martínez dijo...

Sara: é que ás veces estou un ratito sen mirar o teu blog. Pero discúlpame.

Sarinsky dijo...

Bueno tampoco es para tanto,no me hagas sentir culpable...que yo este en el tu blog cada 5 minutos no significa nada...jejje