1/2/08

A pintura flamenga: a revolución do óleo


Os Países Baixos (actuais Bélxica, Holanda e Luxemburgo) formaron parte do ducado de Borgoña desde 1363 ata 1477. Posteriormente serían posesións españolas. Foi un territorio coñecido por Flandes por ser este o condado predominante. Primeiro tivo a súa capital en Dijon e desde 1419 en Bruxas. Destacou pola súa industria de tecidos, importaba materia prima e exporta produto manufacturados, e polo comercio, debido en parte a súa estratéxica situación no punto de unión de moitas rotas comerciais. Ademais o seu pulo económico viuse favorecido pola pouca incidencia da Peste Negra e pola súa non intervención na Guerra dos Cen Anos (1339-1453)

As actividades manufactureiras e comerciais produciron unha alta burguesía e o desenvolvemento duns fortes gremios.

A sociedade borgoñona, cunha situación política autónoma e unha grande prosperidade económica veu como a aristocracia, a igrexa, a alta burguesía e os gremios rivalidaban entre eles por cuestións artísticas. Xurde o mecenado. O artista, o escritor ou o músico teñen unha ampla clientela formada por nobres, eclesiásticos, burgueses e gremios.

Este desenvolvemento artístico será coetáneo co Quattrocento italiano polo que hai autores que o cualificaron do Renacemento do Norte. Os dous movementos teñen elementos en común: busca de novos valores; parten do home; estudan a realidade das cousas; rachan co pasado inmediato volvendo os ollos á Antigüidade. Pero os resultados serán distintos: namentres que en Italia principiará o mundo moderno no mundo flamenco-borgoñón será o remate final do espírito medieval.

Ë unha pintura na que domina a minuciosidade, o naturalismo, a amor á paisaxe, o detallismo. Feita en soporte táboa coa técnica do temple oleoso. Ademais hai que destacar:
*Exaltación do cotiá, pero cunha esencia totalmente cristiá (en contraposición ó xeito italiano) xurdindo temas iconográficos novos (a Piedade, á Virxe Dolorosa...)
*Ausencia total de temática mitolóxica ou de referencias ó mundo pagán.
*Progresivamente será unha pintura de cabalete executada ó óleo que permite un debuxo minucioso e preciso e ten a posibilidade de pintar en capas sucesivas e superpostas acadándose matices de cor imposibles ata entón.
*Perspectiva aérea (no Quattrocento italiano será a perspectiva lineal): acádase o efecto de profundidade pola superposición de capas de aire sobre o horizonte e a disgregación de líneas e de intensidade da cor resultante desa superposición.


1 comentario:

saaritaa dijo...

Sin duda este arte es impresionante...no puedo entender como de aquella podían realizar obras tan "perfectas"