23/2/08

Antonio Palacios: o construtor de Madrid

O arquitecto pontevedrés Antonio Palacios (O Porriño, 1874-Madrid, 1945) é un dos arquitectos máis sobranceiros da primeira metade do século XX en España. A súa obra será fundamental para comprender a paisaxe monumental e urbana do centro de Madrid e para valorar un material –o granito- como elemento construtivo e ornamental.
Recibiu, xa en vida, importantes premios polas súas
obras e o seu traballo está presente en toda a península desde Vigo a Madrid, de Bilbao a Málaga, desde O Porriño a Valladolid.

Pode alguén pensar un Madrid sen o Pazo de Comunicacións, sen O Círculo de Belas Artes, sen o Banco Central ou o Banco Industrial? Que arquitecto tiña deseñado unha cidade balneario como foi a Gran Hotel-Hospital en Mondariz-Balneario a principios do século XX?

O seu estilo é ecléctico, mais sempre oscilando entre o gusto pola clásico ou polo manierismo pegado ao clasicismo, de tendencias monumentalistas, propenso á ornamentación con templos aéreos, torreón con pináculos, vidreiras, columnatas de granito, arcos de trunfo nas fachadas, grandes cúpulas, balaustradas e escalinatas nobres... Palacios amosará toda a pontencialidade do granito en obras como a Igrexa da Vera Cruz (O Carballiño), o Templo votivo do Mar (Panxón-Nigrán) ou na Casa do Concello de Porriño.

É tal o recoñecemento que a súa figura ten que varios ministerios, a Comunidade de Madrid e o propio concello madrileño organizaron en 2001 unha mostra co título “Antonio Palacios. Construtor de Madrid”. Vigo e A Coruña tamén disfrutaron daquela magnífica exposición.


Na cidade de Vigo fixo o Teatro Rosalía de Castro e un Plan Xeral de Urbanismo que non se levaría a cabo. Para coñecer mellor a súa obra podedes ver o seguinte vídeo da TVG (Historias de Galicia) na que se comenta o proxecto para a cidade olívica. Fixádevos especialmente na maqueta.
Mais, deixemos ao propio arquitecto comentar unha das súas obras, o templo da Vera Cruz:
"En el estilo adoptado para la composición arquitectural se ha esquivado tanto la copia o imitación de los estilos pasados, clásico, medieval, renaciente, barroco, como el servil seguimiento por moda de las insípidas construcciones religiosas al uso, derivadas de las formas propias del hormigón armado, que más las asemejan a hangares o almacenes, que a templos cristianos saturados de verbo y unción. Recogemos en esta obra, no las estrictas formas antiguas, sino el espíritu que guió a los maestros del arte cristiano de todos los tiempos, con una resultante muy antigua y muy moderna a la vez. Tomamos del arte religioso del pasado, no la forma estricta, sino la espiritualidad conmovedora de la emoción religiosa, empleando para ello como único material el eternamente noble de la piedra, con escasa o ninguna labra, pero en forma tal que cada piedra nos hable expresivamente enunciando por su traza, disposición, calidad y tamaño, la función, principal o secundaria que desempeña, y con soluciones y dispositivos novísimos que, sin embargo, aparezcan con la naturalidad necesaria para que el espectador, sin dejar de emocionarle y sorprenderle, crea haberlas visto ya alguna otra vez. El carácter puramente religioso se consigue tan sólo con la expresión sincera y sentida de tales procedimientos constructivos y estéticos".
Antonio Palacios. Memoria del proyecto de la Vera Cruz de San Cibrán. Madrid, 1944

Bibliografía: Antonio Palacios. Constructor de Madrid. 2001.

4 comentarios:

Sarinsky dijo...

Menuda entrada te has currado hoy....la verdad es que todo es interesante.Por cierto el templo de Vera Cruz es impresionante a la vez que precioso.

Antonio Martínez dijo...

Sara, non creas que sexa un dos meus arquitectos favoritos. Pero resulta que é galego e é dos máis importantes na península na primeira metade do XX.

Antonio Martínez dijo...

Viches o retoque técnico de ampliación do vídeo, chulo, eh?

O Segrel do Penedo dijo...

Pois eu si que vin ese retoque. Moi chulo, si señor!!
Este blogue estache a converter en todo un profesional das TICs, ademais...
Unha aperta dende Fene