20/1/08

Pola Paz (I)

INICIARTE, como blog educativo, únese ás actividades dos blogues das bibliotecas escolares de Galicia nas súas actividades sobre a O DÍA DA PAZ, reproducíndo un magnífico traballo colaborativo realizado entre varias bibliotecas, centros de ensino e docentes.
Os blogues das bibliotecas escolares galegas, unha vez máis, unímonos na loita do dereito primordial de todo ser humano: a convivencia pacífica. Porque sabemos que a base de toda coexistencia é o entendemento, o diálogo, o feito de saber abrir os nosos ollos e os nosos oídos para escoitar e entender, desexamos elevar as nosas voces como unha soa, un só berro unido por unha soa palabra, a palabra máis fermosa que debe reinar as nosas existencias: PAZ. E para reclamala, para pedir aos gobernos que senten a dialogar, para pedir a todo home e muller que habite sobre a face da terra que sexa quen de trocar puños e fusís por verbas e entendemento, por conmiseración e diálogo, por amizade e respecto, é polo que estamos aquí. Dende hoxe até o día 30, lembrarémosvos que podemos vivir en paz, que só hai que crer nela, confiar nela, traballar por ela. O noso labor primordial é e será sempre ensinar respecto, democracia e educación. O noso labor é axudar unha mellor sociedade do futuro.

video

1 comentario:

saaritaa dijo...

Tengo que felicitarte por esta maravillosa entrada dedicada a la PAZ.Algo que debería estar siempre presente. Gracias por recordarlo.