13/1/08

A Pintura Románica: a construción do espazo

Nas imaxes da pintura románica debía quedar fóra as características temporais e accidentais das cousas e permanecer só os caracteres máis sobranceiros e permanentes e, por iso, os máis perfectos.

(...) A preocupación pola percepción ou polos seus compoñentes, a busca das leis non estivo ausente no mundo medieval pero na pintura románica non pode definirse un sistema de perspectiva... O espazo románico xurde dun proceso de construción non unitario que ha de entenderse na orde do simbólico e no do formal. (...) O pintor románico considera entón a superficie como un lugar de proxección de imaxes que pretende que sexa simulacro do verdadeiro e iso apártase do desexo e da necesidade de atopar un modelo ou sistema que permita transcribir o que ve, posto que en todo caso carece de importancia.
(...) Para o pintor, o espazo que debía de transcribir debía construílo a partir dunha integración, dunha suma de conceptos plásticos que se organizaban tendo como punto de partida a totalidade unificadora da superficie de soporte. A través da representación os distintos elementos figurados ían definindo o seu propio espazo unitario e por relación posicional o narrativo.

(...) Idealmente a composición románica tería unha expresión radial centrada na ábsida. (...) Os muros laterais son espazo-camiño; neles o narrativo suplanta o sintético.”

Texto adaptado de Joan Sureda. La pintura románica en España. Alianza, 1985.








SlideShare Link


1 comentario:

Sarinsky dijo...

La verdad es que es una pasada todos lo que nos ha quedado de culturas anteriores,y de como se las apañaban para hacer estas obras de arte.