27/1/08

O teatro romano de Sagunto: a polémica dunha restauración

Declarado Monumento Nacional en 1896, o teatro Romano de Sagunto foi construído no I, aproveitando a ladeira do monte sobre o que se asenta. Nos séculos seguintes a obra foi acumulando un proceso de degradación debido á acción do tempo, dos conflitos bélicos e pola utilización dos seus perpiaños de caliza para a construción de vivendas na poboación.

Polo o seu deplorable estado a mediados dos anos 80 a administración valenciana encarga a dous recoñecidos arquitectos, Giorgio Grass e Manuel Portacei, a súa rehabilitación e restauración Unha denuncia, probablemente na que se misturaron elementos de respeto a ao patrimonio e intereses políticos, rematou nunha sentenza, que obriga á restitución do teatro á situación previa a estas obras. A sentenza é de decembro de 2007. Os xuíces dan un prazo de 18 meses para a restitución. Tecnicamente a sentenza é inaplicable. Non seria inxusto afirmar que a maior parte de técnicos, arquitectos, artistas e restauradores están en contra da sentenza.

Que facer?
Pero que se tería que ter feito?
Era un monumento para ser rehabilitado?
Como deben ser as rehabilitacións dos monumentos?

Mirade as fotos e emitide a vosa opinión:

BubbleShare: Share photos - Find great Clip Art Images.

1 comentario:

Sarinsky dijo...

Este teatro es espectacular,un monumento histórico como éste sería una pena perderlo.
En mi opinión hay que conservar cuantos más restos de la antigüedad mejor,no crees?¿