7/1/08

1808-2008: Bicentario dun gran espolio

En 2008 cúmprense douscentos anos da invasión francesa da Península Ibérica. Ao longo deste ano serán varias as conmemoracións deste feito e das súas consecuencias (Guerra de Independencia, crise da monarquía borbónica, revolución popular...) Non entanto coas tropas francesas tamén veu á península o criterio napoleónico de facerse coas pezas de arte máis sobranceiras dos países conquistados (pobre Exipto, Italia, o Vaticano), ben para dotar de fondos a un novo museo francés ben co afán do lucro persoal dos xenerais conquistadores.

De esta forma, cando José I instálase en España ordena a creación dun museo onde se poidan depositar as obras expropiadas as conventos desamortizados e unha selección procedente da colección real. Para levar a cabo a selección designouse a Frederic Quilliet, quen non só seleccionou as obras para o futuro museo senón tamén se fixo cunha magnífica colección particular. É de salientar o espolio sufrido por El Escorial xa que nun primeiro momento vinte e seis pinturas (Rafael, Tiziano, Veronés, do Guercino, do Sarto...) foron trasladadas e posteriormente máis de cen caixóns con obxectos artísticos foron usurpadas do Real Sitio.


Para Francia foron enviadas obras de Velázquez, Ribeira, Murillo, Zurbarán, Claudio Coello, Carducho.... en total máis de 300 pinturas de primeira orde foron almacenadas no Louvre. Pero non acaba aquí o espolio, xa que ademais do “oficial” e do privado, cando José I retirábase a Francia levaba consigo mil cincocentos carros de pezas artísticas. Na batalla de Vitoria, xa ao fin da Guerra de Independencia, moitas destas pezas desapareceron. Ademais cando o xeneral inglés Lord Wellington lle ofreceu a Fernando VII devolver algunha das obras que conseguira na batalla, o rei “desado” decidiu regalarllas. Así é como a colección Wellington posúe obras significativas de Velázquez, Rubens, Caravaggio, Carracci...

As ilustracións que acompañan o texto son algunhas das obras espoliadas e que hoxe non forman parte da colección permanente de ningún museo español.

Para más información: Descubrir el arte, nº 107

1 comentario:

saaritaa dijo...

Cabe mencionar una cosa: ¡¡Que nos devuelban lo que es nuestro,nuestras obras de arte,nuestra reputación,nuestra dignidad...!!